Friday 03 de May de 2024

O Museo Valle-Inclán pobrense convida a mergullarse neste verán no patrimonio e cultura local


O Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal inicia unha nova xeira de itinerarios guiados polo patrimonio cultural da vila. A primeira parada será a capela de Alba da igrexa de Santiago do Deán no 27 de xullo, ás 12.00 horas. O punto de encontro será no propio templo relixioso e requírese inscrición previa de balde a través do teléfono de contacto 681173484 ou do enderezo electrónico museo.valleinclan@apobra.gal.

A maiores, proseguen as visitas comentadas na Torre de Bermúdez que se ofrecen cada venres, ás 11.00 e 19.00 horas. Tamén de balde, tan só é preciso anotarse nas canles xa referidas.